Castelao deixou un caderno manuscrito e ilustrado da súa viaxe de estudos polos museos de París, Bruxelas, Gante, Bruxas, Anveres, Colonia, Berlín e Múnic. Este caderno servirialle posteriormente para preparar a memoria que debía entregar á Junta de Ampliación de Estudios e valculle tamén para preparar os antigos publicados na revista Nós. Outros apuntes loi elaborándoos, tanto plástica como literariamente, resultando en novas ideas, debuxos, pinturas, cerámicas e contos nos anos seguintes, alongándose o eco desta viaxe ata ben adiante no tempo, pois vinte anos despois aínda resoa esta viaxe mentres escribe no Sempre en Galiza.
Hai que reconsiderar as cousas que Castelao escribe, pois en ocasións é sentencioso e severo nos xuizos, pero observando como reelaborou textos, imaxes e ideas nas décadas seguintes, vemos que contemplou, comprendeu, estudou, conversou, e rompeuse a cabeza pensando na Arte máis que ninguén na Galiza do seu tempo. E sobre a pegada desta viaxe na obra de Castelao aínda compre pescudar e desvelar.
O Diario é un documento único de insospeitada importancia, non sabemos doutro arti
- Autor
-
Anxo Rabuñal Rey
- Colección
- Cultura Artística
- ISBN
- 978-84-7628-988-4
- Idioma
- Español